Wednesday 24 de April de 2024

Dezasete membros do Grupo Municipal de Teatro levaron a súa arte ás rúas e prazas


 

Dezasete integrantes do Grupo Municipal de Teatro de Riveira levaron na noitiña de onte a súa arte ás rúas da cidade para conmemorar o Día Internacional do Teatro.

A praza da Porta do Sol, a rúa Galicia, a rúa Alcalá Galiano e o parque García Bayón constituíron os escenarios en que os intérpretes escenificaron distintos anacos da súa montaxe “Cousas de Castelao”.

En cada espazo ao rematar as actuacións leuse publicamente o manifesto galego do Dia do Teatro feito polo actor Carlos Santiago ademais de entregar unha copia del e do manifesto internacional de Carlos Cedrán ao público asistente. En Porta do Sol leu Bea; en rúa Galicia, Gloria; en Alcalá Galiano, Kika; e no García Bayón Unai.

Participaron Carmen, Kica, Ana, Loli, Conchita, Manola, Gloria, Bea, Celia, Daniel, Gemma, Tere, Angeles, Manolo, Unai e Chiki, con Oscar Romero na dirección.